"Fiquem tranquilos os poderosos que têm medo de nós: nenhum humorista atira a matar."
Millôr, humorista brasileiro.


"O humor é verlle a trampa a todo."
Miguel Mihura

"Cando o Deus riu por primeira vez, apareceu a luz. Riu por segunda vez, e da auga xurdiu a Terra. Cando quixo rir por terceira vez, apareceu a intelixencia [...]
Cando riu por sétima vez, naceu a alma".
Cosmogonía de Leiden, papiro exipcio do s. III

Publicacións Históricas


CAN SEN DONO

Can sen Dono nº 0
Cuberta do número 0

A revista de humor en galego Can Sen Dono naceu no ano 1983 e durou ata o 1991. Foi creada por puro amor ao humor dos seus colaboradores e co paso do tempo, conforme foron saíndo ao público novos números, foi coñecida entre as persoas da súa redacción como A revista inincuadernable. Ofrecemos nesta páxina o seu número cero para o coñecemento e goce dos amantes do humor galego que non tiveron o pracer de a coñecer e ler no seu momento. Pódese visualizar o número completo simplemente con clicar sobre a portada.

Tamén poderás ler a recensión que sobre esta publicación fixo no seu momento o diario El Pais, clicando aquí.

Unha pequena contextualización histórica desta publicación pode lerse no blog de Alfredo Pardo Qadriños, publicado en Praza Pública. Tamén na reportaxe de Félix Caballero Uns humoristas "bos e xenerosos" publicado en Sermos Galiza, ou no estudo Cen anos de humor gráfico en Galicia publicado tamén por Félix Caballero no xornal O Salto.

Unha información completísima sobre a revista, a súa traxectoria e os seus colaboradores pódese consultar na entrada Can sen Dono da Galipedia. E para aquelas persoas moi interesadas nas publicacións históricas de humor galego recomendamos a lectura do libro Humor gráfico galego. Da transición ao século XXI, de Alberto Pascual Carballo, publicado pola Editorial Ir Indo no ano 2009.




Botafumeiro nº 1
Cuberta do número 1
Botafumeiro nº 2
Cuberta do número 2
Cuberta do número 3
https://drive.google.com/file/d/1FD6ZcyxIOuTbUzzV01yhoWdBzbFfLa8e/view?usp=sharing
Cuberta do número 4 (V2-N1)
 
Cuberta do número 5 (V2-N1)
Foi unha publicación dixital que fixo a súa aparición aproximadamente no mes de outubro do ano 2014 e finalizou a súa vida dous anos despois. Contaba cun moi amplo espectro de colaboradores e alternaba textos con cadriños e banda deseñada, sempre desde unha óptica marcadamente satírica.

Á parte da súa presenza na rede, chegou a editar varios exemplares en formato pdf. Permitímonos o luxo de ofrecer  as cubertas de todos os números publicados nese formato para que, se pasades o traballo de picar riba de cada unha delas, poidades gozar aínda hoxe da lectura completa desas revistas.
O Botafumeiro 
Esta cabeceira aínda conserva na actualidade un espazo na rede social facebook, ao que se pode acceder picando na ilustración: 



https://www.facebook.com/pg/Eivados-da-Galiza-182897881755741/photos/?tab=albumsEIVADOS DA GALIZA

Nun periodo de tempo anterior a O Botafumeiro, existiron dúas publicacións dixitais de humor crítico, unha das cales foi Eivados da Galiza, aínda que cando naceu coñecíase como O Imperdíbel.
Non podemos precisar datas exactas, pois estas revistas hai tempo que desapareceron da Rede, mais atrevémonos a aproximar que a existencia de O Imperdíbel comezou en marzo do ano 2011 en formato de blog (aínda se pode ler na rede) e que desde decembro do ano 2011 ata os primeiros meses do 2013 contou con web propia (pasando a denominarse Eivados da Galiza). Ao longo dese período contou con varios colaboradores: podemos citar as sinaturas de Rolante, Prozágoras, Os Croques, Mincinho, K.S., Cousillas, Carcoma e Andrade, aínda que o papel estelar personificábao Garfo. Estes autores desenvolveron un traballo exclusivamente gráfico, elaborando uns debuxos enmarcados entre o humor crítico acedo e o humor negro, aínda que fixeron tamén incursións noutros tipos de humor como o humor absurdo ou o humor existencial.
De Eivados da Galiza hai que dicir tamén que se distinguiu, en canto grupo de humoristas gráficos, por sentirse iniciador dun movemento e ter elaborado, en consecuencia, un MANIFESTO. Un manifesto que ocupou unha gaveta virtual, mais que non se deu a coñecer ao público. Nós, pola contra,  consideramos de moito interese a súa humorística lectura, polo que llelo ofrecemos picando aquí.
 
A web de Eivados da Galiza desapareceu nese mesmo ano 2013 (...será casualidade ese 13?), co cal se perdeu tamén o acceso ao traballo gráfico publicado nela. Por fortuna, os creadores de Eivados da Galiza elaboraron tamén un clon da revista na rede social Facebook, o que hoxe nos permite aínda ver, ler e gozar dunha selección daqueles cadriños. Se o queredes facer vós tamén, non tedes máis que picar riba da viñeta de Garfo ou clicando aquí.






Ningún comentario: